Traxectoria científica
Lovelock acredita unha ampla, rica e variada traxectoria científica, que ás veces queda oculta pola súa significación de líder ideolóxico e emblema do movemento medioambiental. Entre os anos 40 e 50 desenvolveu investigación en centros pioneiros nos Estados Unidos, culminados na



Por todas estas achegas ten recibido múltiples galardóns, en eidos que van dende a pura creación técnica ata a climatoloxía.
Lider ideolóxico
A súa posición de liderado científico, sobre todo na ciencia medioambiental, foi acompañada por un liderado pioneiro na creación de opinión pública, cuns efectos incalculables. Ese rol reforzouno a partir de finais dos anos setenta iniciando un labor divulgador máis directo coa publicación de libros claves no ideario verde. Sobre todo destaca Gaia: unha nova mirada á vida sobre a Terra, publicado en 1979, ao que lle seguirían outros moitos, todos cunha profunda pegada e récord de vendas.
A entrevista
Algunhas respostas destacadas de Lovelock na entrevista realizada para o xornal electrónico Galiciaé foron:
- Hoxe en día non hai outra alternativa que a enerxía nuclear. A enerxía renovable non é suficiente para satisfacer o suministro a tempo. Pode ser que a enerxía solar no Sur de España ou no Sáhara o faga no futuro, pero non agora para intentar evitar o peor. Os franceses están empleando a enerxía nuclear desde fai anos e non teñen ningún problema.
- Non tería problemas en almacear os residuos que se produxesen na súa zona xunto da súa casa. A enerxía nuclear non é unha ameaza en absoluto comparada coa queima de combustibles fósiles. Se se almacenase a cantidade de CO2 producida nun ano sería unha montaña dun kilómetro de alto e 20 de circunferencia.
- Tan só 1.000 millóns de persoas quedarán con vida ao final do século. Durante o último millón de anos houbo sete cambios como o que vivimos agora no que hai unha variación na temperatura media de cinco graos.
- Creo que son moi afortunados en Galicia. O país con máis sorte nese sentido é Irlanda, o efecto do océano nestas zonas vainos manter refrixerados. O resto de Europa non terá esa sorte xa que presenta unha perspectiva bastante mala, ata o punto de convertirse nun deserto. O problema non será a calor en sí mesma, senón a falta de comida. India, China e América do Norte serán as zonas máis castigadas.