domingo, 11 de octubre de 2009

James Lovelock, Premio Fonseca 2009

James Lovelock (Hertfordshire, 1919), pioneiro na historia do desenvolvemento da conciencia medioambiental no mundo, é o gañador do Premio Fonseca de comunicación da ciencia na súa edición de 2009. Este premio, convocado ao abeiro do programa ConCiencia, recaeu en 2008 no tamén británico Stephen Hawking.

Traxectoria científica

Lovelock é o autor da coñecida Teoría de Gaia, que postula que a Terra é como un superorganismo que se autorregula, quixo deixar claro que o ser humano non debe ter sentimento de culpa en canto ao cambio climático porque non é algo que haxa feito deliberadamente.

Lovelock acredita unha ampla, rica e variada traxectoria científica, que ás veces queda oculta pola súa significación de líder ideolóxico e emblema do movemento medioambiental. Entre os anos 40 e 50 desenvolveu investigación en centros pioneiros nos Estados Unidos, culminados na Universidade de Harvard. Estudou o dano que se producía en células vivas no proceso de crioxenización e posterior desconxelación, acadando con éxito mecanismos para permitir esa recuperación. Esa formación tan miscelánea levouno a unha nacente NASA en 1961. Alí creou e desenvolveu moitos dos instrumentos empregados no programa de investigación doutros planetas, con especial énfase en Marte. Precisamente na tarefa de pescudar métodos de detección de vida en Marte foi como se lle ocorreu a hipótese de Gaia. Tamén foi inventor da sonda Viking, a primeira enviada pola NASA a Marte, a invención do Detector de Captura de Electróns, que inventou en 1957 e que é clave en cromatografía de gases para detectar trazas de compoñentes químicos no seu seo, a uns niveis indetectables por outras técnicas. Este detector foi fundamental no descubrimento da ubicuidade de residuos de pesticidas no planeta e no descubrimento de CFC na atmosfera.
Por todas estas achegas ten recibido múltiples galardóns, en eidos que van dende a pura creación técnica ata a climatoloxía.

Lider ideolóxico

A súa posición de liderado científico, sobre todo na ciencia medioambiental, foi acompañada por un liderado pioneiro na creación de opinión pública, cuns efectos incalculables. Ese rol reforzouno a partir de finais dos anos setenta iniciando un labor divulgador máis directo coa publicación de libros claves no ideario verde. Sobre todo destaca Gaia: unha nova mirada á vida sobre a Terra, publicado en 1979, ao que lle seguirían outros moitos, todos cunha profunda pegada e récord de vendas.

A entrevista

Algunhas respostas destacadas de Lovelock na entrevista realizada para o xornal electrónico Galiciaé foron:
  • Hoxe en día non hai outra alternativa que a enerxía nuclear. A enerxía renovable non é suficiente para satisfacer o suministro a tempo. Pode ser que a enerxía solar no Sur de España ou no Sáhara o faga no futuro, pero non agora para intentar evitar o peor. Os franceses están empleando a enerxía nuclear desde fai anos e non teñen ningún problema.
  • Non tería problemas en almacear os residuos que se produxesen na súa zona xunto da súa casa. A enerxía nuclear non é unha ameaza en absoluto comparada coa queima de combustibles fósiles. Se se almacenase a cantidade de CO2 producida nun ano sería unha montaña dun kilómetro de alto e 20 de circunferencia.
  • Tan só 1.000 millóns de persoas quedarán con vida ao final do século. Durante o último millón de anos houbo sete cambios como o que vivimos agora no que hai unha variación na temperatura media de cinco graos.
  • Creo que son moi afortunados en Galicia. O país con máis sorte nese sentido é Irlanda, o efecto do océano nestas zonas vainos manter refrixerados. O resto de Europa non terá esa sorte xa que presenta unha perspectiva bastante mala, ata o punto de convertirse nun deserto. O problema non será a calor en sí mesma, senón a falta de comida. India, China e América do Norte serán as zonas máis castigadas.
James Lovelock mostrouse moi agredecido ao recibir este galardón, posto que traballou durante máis de 45 anos pola mesma idea e a verdade é que os biólogos en especial non o trataron ben. Os biólogos tiñan datos dos xeólogos pero nunca facían caso deles, sempre foron por separado e el intentou conseguir unha postura unitaria.

viernes, 2 de octubre de 2009

Filosofía da ciencia e da tecnoloxía

Benvidos a este blog chamado "A filosofía no mundo científico" no que trataremos temas relacionados coa ciencia e coa tecnoloxía, sempre dende un punto de vista filosófico.
A filosofía da ciencia investiga a natureza do coñecemento científico e a práctica científica. Ocúpase de saber, entre outras cousas, como se desenrolan, evalúan e cambian as teorías científicas, e de saber se a ciencia é capaz de revelar a verdade das "entidades ocultas" (ou sexa, non observables) e os procesos da natureza. As diversas proposicións básicas que permiten construír a ciencia son filosóficas.
Para facer unha breve introdución direi que a filosofía da ciencia intenta explicar problemas tales como:

  • A natureza e a obtención das ideas científicas (conceptos, hipóteses, modelos, teorías, etc.).
  • A relación de cada unha delas coa realidade.
  • Como a ciencia describe, explica, predí e contribúe ao control da natureza (esto último en conxunto coa filosofía da tecnoloxía).
  • A formulación e uso do método científico.
  • Os tipos de razoamento utilizados para chegar a certas conclusións.
  • As implicacións dos diferentes métodos e modelos de ciencia.


A filosofía da ciencia comparte algúns problemas coa gnoseoloxía (teoría do coñecemento, que se ocupa dos límites e condicións da posibilidade de todo coñecemento), sen embargo esta restrinxe o seu campo de investigación aos problemas que expón o coñecemento científico (que se distingue doutros tipos de coñecemento, como o ético ou estético).

Algúns científicos mostraron un vivo interese pola filosofía da ciencia e uns poucos, como Galileo Galilei, Isaac Newton e Albert Einstein, fixeron importantes contribucións. Numerosos científicos, sen embargo, déronse por satisfeitos deixando a filosofía da ciencia aos filósofos y preferiron seguir facendo ciencia en vez de dedicar máis tempo a considerar como se fai a ciencia.

A filosofía da ciencia non se denominou así ata a formación do Círculo de Viena (século XX).

Para rematar esta primeira entrada no blog, falaremos un pouco sobre a filosofía da tecnoloxía, tamén chamada filosofía da técnica, a cal hoxe en día é un importante campo de traballo no panorama académico internacional. Como subdisciplina filosófica, converteuse nunha materia autónoma coas súas propias tradicións, as súas revistas especializadas e os seus nomes destacados. Asimesmo, a filosofía da tecnoloxía constitúe un ámbito de reflexión relativamente recente se o comparamos con outros temas de interese filosófico coma a ciencia, a arte ou a política. Aínda que posúe tradicións consolidadas, foi nas últimas décadas cando adquiriu relevancia académica e atención pública. Este feito non é independente da reafirmación de tendencias antiesencialistas en parte da filosofía contemporánea, nin da transformación das sensibilidades sociais respeto ao cambio tecnolóxico.