Benvidos a este blog chamado "A filosofía no mundo científico" no que trataremos temas relacionados coa ciencia e coa tecnoloxía, sempre dende un punto de vista filosófico.
A filosofía da ciencia investiga a natureza do coñecemento científico e a práctica científica. Ocúpase de saber, entre outras cousas, como se desenrolan, evalúan e cambian as teorías científicas, e de saber se a ciencia é capaz de revelar a verdade das "entidades ocultas" (ou sexa, non observables) e os procesos da natureza. As diversas proposicións básicas que permiten construír a ciencia son filosóficas.
Para facer unha breve introdución direi que a filosofía da ciencia intenta explicar problemas tales como:
- A natureza e a obtención das ideas científicas (conceptos, hipóteses, modelos, teorías, etc.).
- A relación de cada unha delas coa realidade.
- Como a ciencia describe, explica, predí e contribúe ao control da natureza (esto último en conxunto coa filosofía da tecnoloxía).
- A formulación e uso do método científico.
- Os tipos de razoamento utilizados para chegar a certas conclusións.
- As implicacións dos diferentes métodos e modelos de ciencia.
A filosofía da ciencia comparte algúns problemas coa gnoseoloxía (teoría do coñecemento, que se ocupa dos límites e condicións da posibilidade de todo coñecemento), sen embargo esta restrinxe o seu campo de investigación aos problemas que expón o coñecemento científico (que se distingue doutros tipos de coñecemento, como o ético ou estético).
Algúns científicos mostraron un vivo interese pola filosofía da ciencia e uns poucos, como Galileo Galilei, Isaac Newton e Albert Einstein, fixeron importantes contribucións. Numerosos científicos, sen embargo, déronse por satisfeitos deixando a filosofía da ciencia aos filósofos y preferiron seguir facendo ciencia en vez de dedicar máis tempo a considerar como se fai a ciencia.
A filosofía da ciencia non se denominou así ata a formación do Círculo de Viena (século XX).
Para rematar esta primeira entrada no blog, falaremos un pouco sobre a filosofía da tecnoloxía, tamén chamada filosofía da técnica, a cal hoxe en día é un importante campo de traballo no panorama académico internacional. Como subdisciplina filosófica, converteuse nunha materia autónoma coas súas propias tradicións, as súas revistas especializadas e os seus nomes destacados. Asimesmo, a filosofía da tecnoloxía constitúe un ámbito de reflexión relativamente recente se o comparamos con outros temas de interese filosófico coma a ciencia, a arte ou a política. Aínda que posúe tradicións consolidadas, foi nas últimas décadas cando adquiriu relevancia académica e atención pública. Este feito non é independente da reafirmación de tendencias antiesencialistas en parte da filosofía contemporánea, nin da transformación das sensibilidades sociais respeto ao cambio tecnolóxico.
Tamarita que! Sacando información de internet eh! Non che dará vergonza eh!! Para ser a primeira entrada pasácheste un pouco escribindo eh!! jeje
ResponderEliminarola tammy!! decátome de que te informaches moi ben sobre a filosofía e a ciencia, fíxenme túa seguidora para ver as túas novas,
ResponderEliminarata pronto!
Pero qué ben Tamara!!!
ResponderEliminarDemostras que o de copiar e pegar se che dá ben, ehhh...
É broma, moi interesante a entrada!
Seguireime pasando para comentarche!