domingo, 11 de abril de 2010

A orixe da crise económica mundial e as súas repercusións

Actualmente a poboación mundial esta vivindo inmersa nunha crise económica mundial que da lugar a que a xente non ten traballo e está a perder os seus fogares. Hai que buscar solucións a este problema que se nos presenta xa que ten salientables consecuencias para todos.


A crise económica mundial que nos afecta na actualidade ten as súas orixes no sector inmobiliario. Durante varios anos, os bancos otorgaron prestamos hipotecarios a persoas insolventes, e para obter liquidez transformaron en accións os créditos.Todo empeza en Estados Unidos: para fomentar a economía no 2001, a reserva federal (FED) baixou de forma considerable o tipo de Interese (o EURIBOR en Europa), do 6% ao 1.75% ! A historia demostrou que o primeiro efecto desta medida é que a actividade económica do sector inmobiliario crece ao alza. Pero isto só sucedeu ata o ano 2004. Sen embargo, os bancos cometeron un erro irreparable: atraídos polo diñeiro sinxelo, concederon hipotecas a familias con rendas baixas, e cun tipo de interese variable, aínda que ao principio foron baixos pero podendo alcanzar o 18% en 3 anos e con moi malas condicións no contrato. Os bancos sen ningún tipo de restricións seguiron dando un crédito moi perigoso para as familias pobres, pero estaban lonxe de imaxinar o desastre que estaba por chegar. Mentres tanto, a FED estaba observando como estaba crecendo a burbulla inmobiliaria. O medo a que explotara fixo que a FED subise en 17 ocasións o tipo de interese en EE.UU. ata alcanzar o 5.25% en Xuño de 2006, é dicir, un aumento de 425% ! Pero xa era demasiado tarde, e as caídas en bolsa das empresas inmobiliarias, impagos e caída libre en venta de pisos foron o resultado do estalido da burbulla, que contaminou tamén a Europa e a España pouco tempo despois. El resultado en EE.UU. foi a caída dos prezos máis forte dos últimos 18 anos, máis do 15% en menos dun ano, e máis de 2.7% de morosos. En España, o número de morosos alcanza xa os 2,5 millóns de persoas, o impago da hipoteca segue subindo, o prezo da vivenda baixando, e os efectos colaterais fanse sentir (paro, inflación, etc). Non hai nada de momento que indique que tocásemos fondo. A crise económica actual ten unha serie de consecuencia para todo o mundo:

  • Non hai traballo na construción, o que deixa no paro a case un millón de inmigrantes, os cales son incapaces de encontrar un traballo non cualificado.
  • Millóns de españois, incapaces de pagar a hipoteca, buscan no crack o consolo que non encontran nas páxinas salmón. Isto dispara o prezo das drogas duras e fai que a industria española dos estupefacentes sexa o único sector patrio economicamente competitivo.
  • Farlopa Mauriño, unha cooperativa galega, sae ao mercado de valores co prezo por acción máis alto da década e, nunha semana, integrouse no Íbex 35.
  • O Rei, como símbolo da súa concienciación cos problemas económicos das clases medias, pon la vela do Bribón a media asta.
  • O PP vota a culpa da crise ao PSOE, o PSOE a EE.UU., EE.UU. a outros, e vanse votando a culpa uns a outros pero ningún se fai responsable.
  • O Goberno privatiza a Televisión Española e adquire Inditex. O conglomerado de empresas téxtiles, agora público, pasa a ser dirixido por un comité de sabios elixido polo goberno e o principal partido da oposición que, en apenas dous meses, conseguen que Inditex deixe de ser rentable.
  • As pateiras seguen chegando ás costas españolas, pero só para facer un pis e comer algo, porque logo continúan a súa ruta cara Francia.
  • Para obter liquidez, o Goberno decreta que Pérez, González e López son palabras rexistradas e que pertencen ao Estado, co que toda a xente que se apelide así ten que pagar un canon ás arcas públicas. Milleiros de Pérez, González e López botáronse ás rúas, manifestación que se saldou cun montón de curmáns que facía anos que non se vían.
  • A xente empeza a comerse aos seus propios cans, co que os restaurantes chinos se quedan practicamente sen stock.
  • UXT e Comisións Obreiras, os dous sindicatos maioritarios, son absorbidos por Apple e dan lugar á plataforma iJob, que máis que un sindicato é un estilo de vida.
  • O informe do CIS de 2011 informa de que as maiores preocupacións dos españois son, por este orde, o paro, o terrorismo e o feito de que Jordi Hurtado non envelleza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario