Un raro fósil de oso polar descuberto en Noruega en 2004 converteuse nun tesouro de información esencial sobre a idade e as orixes evolutivas da especie, hoxe moi ameazada polo quecemento global.Os resultados deste estudo confirman que o oso polar é unha especie evolutivamente moza que se separou dos osos pardos fai uns 150.000 anos e evolucionou moi rapidamente durante o Pleistoceno tardío, adaptándose probablemente á apertura de novos hábitats e fontes de alimento en resposta a cambios climáticos xusto antes do último período interglacial.
O fósil foi desde entón obxecto dunha longa serie de análise, que culminou na secuenciación do seu xenoma mitocondrial completo.
Aínda que os antigos osos polares sobreviviron a unha época calorosa no pasado, os actuais poden ter unha menor capacidade de adaptación, debido a que están moi especializados, e ben adaptados morfológica, fisiológica e conductualmente a vivir no bordo do xeo ártico, subsistindo dunhas poucas especies de focas.

Moitas grazas, Tammy por todas estas últimas entradas túas. Que xa te botábamos de menos! Moi ben centradas en aspectos de biotecnoloxía. Chao. Luís.
ResponderEliminar