sábado, 14 de noviembre de 2009

Ciencia, tecnociencia y tecnocidanos

El carnaval de tecnociencia é un libro que plántella unha resistencia ao presente. Postúlase como crítica da ciencia. ¿Necesita a ciencia, como o arte ou a xustiza, unha crítica externa realizada polos cidadáns que non vivan entre probetas, telescopios e outros instrumentos de investigación? Todo o contido xira ó redor de tres eixes: as novas tecnoloxías, os novos patrimonios e as novas formas de cidadanía. Nel o lector atopará unha colección plural de breves historias que exploran o papel actual da ciencia e que animan ao público a plantar cara: un xesto para asumir novas responsabilidades e para sacudirse o estigma da modernidade que lles condenou a ser o outro da ciencia: a representación pública dos que non saben.

O argumento podería dividirse en tres partes: na primeira, coléctanse moitas experiencias de participación cidadá en ciencia e posto en valor o coñecemento amateur e profano. A segunda parte insiste na crecente importancia que teñen os expertos na xestión do noso mundo e mostra as enormes presións ás que son sometidos polas grandes corporacións industriais e as administracións públicas. Na terceira, interésase pola tecnociencia e na súa capacidade para alterar o entorno simbólico e natural que habitamos, ameazando ás veces os bens compartidos que, como as prazas, a lingua, as matemáticas, o aire, as selvas ou o xenoma, son o fundamento sobre o que se asenta a nosa vida en común.

Precisamos dunha palabra que recolla nun só concepto a novidade que representa a existencia de moi amplas conivencias entre o mundo dos negocios e o do saber, entre os obxectivos militares e os científicos, entre as tecnoloxías e os descubrimentos, pois alguén debe explicar que os laboratorios xa non caben no soto dunha casa e que parecen grandes fábricas; que moitos científicos cotizan en bolsa, que o segredo é moeda corrente en ciencia e que vender datos fraudulentos é unha práctica que non sabemos como controlar. Quen podería encerrar entre catro paredes o cambio climático, a biodiversidade, o aire que respiramos, os fondos oceánicos, a gripe aviaria, a capa de ozono ou o mal das vacas tolas? Todos estes obxectos son híbridos, non é só que pertencen de forma simultánea a moitas especialidades científicas, senón que adquiriron tanta relevancia social e mediática que se fai imposible pastorearlos para recluílos entre catro paredes. Os expertos non disputan cal é a disciplina que mellor comprende as cousas, senón que proban as interminables discusións (e frecuentes descualificacións) entre ecoloxistas, meteorólogos, médicos ou enxeñeiros cando tratan os diferentes perfís de cada asunto. Se imos seguir botando residuos ao aire, aos acuíferos e aos mares; si o mercado de organismos xeneticamente modificados vai ensancharse co dos nanomateriales. Se vivimos envolvidos entre cosméticos, alimentos, abonos e tecidos fabricados con miles de sustancias químicas cuxo impacto sobre a saúde é descoñecido. Se ademais estamos a falar de problemas cuxo abordaxe non pode facerse en clave nacional, si por cada experto ao servizo das institucións públicas hai outro que traballa para as grandes corporacións: Senón está claro a quen crer, nin quen defende o interese común. E, por fin, si a natureza política dos obxectos científicos é tan evidente, como referirnos a todos estes carreiros coa mesma palabra que usaron os ilustrados, a ciencia? Para falar de todos estes carreiros, facemos o que xa fixo moita xente antes: nomear co termo tecnociencia este enxame novo de prácticas, actores, intereses, tecnoloxías e protocolos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario