jueves, 12 de noviembre de 2009

Filosofía da ciencia e da tecnoloxía

A filosofía da ciencia e da tecnoloxía analiza procedementos que producen coñecementos científicos e usos de artefactos técnicos, os problemas que xeran e as consecuencias tanto prácticas (cambios do modo de vida) como éticas (responsabilidade co medio, bioética, etc.). Estas cuestións primordiais na problemática da ciencia e da tecnoloxía, están atisbadas no Bacharelato e implantadas nos estudos posteriores desta índole.
FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. Este título suxire que se trata dunha materia, pero en realidade son dúas: unha Filosofía da ciencia e outra Filosofía da tecnoloxía. A ciencia e a tecnoloxía, cada unha á súa maneira, resolven problemas, case todos; pero o mesmo tempo van producindo outros máis complexos. Para gozar o primeiro obxectivo e prevernos respecto ao segundo, sentarannos ben as mensaxes destes saberes.
A Filosofía da Ciencia mostra as aportacións dos científicos nas súas circunstancias. Algúns destes fan unha actividade revolucionaria cientificamente, e os máis son activistas da ciencia normal. A Filosofía da Ciencia explica a actividade de cada grupo no seu contexto, os instrumentos que manexa a ciencia: (linguaxe, conceptos, procedementos e teorías, que interpretan e predín o que pode pasar no mundo). A cuestión do progreso e finalidade da ciencia non está falta de fondas preocupacións. Esta problemática aberta mostra que a operatividade é só un aspecto do que facer científico; polo cal os curiosos poderán quedar encantados de aproveitar esta ocasión de instruírse. Como consecuencia do avance tecnolóxico, desenvolveuse o coñecemento tecnolóxico (tecnociencia) para, aproveitado parte do coñecemento científico, construír artefactos e modificar realidades. Trátase dun saber diferente ao científico (ou a parte del) que recibe da filosofía respostas diferentes, aínda das mesmas cuestións. Así, compartindo as circunstancias dos científicos, os tecnólogos manexan conceptos, valores, linguaxe, finalidades e riscos propios, obxectos da crítica e avaliación filosófica, que pode axudar a compartir o bo uso da técnica, sendo un importante complemento nun bacharelato de ciencias e tecnoloxía e estudos posteriores nesta dirección.

1 comentario:

  1. tammy que, copiando e pegando!! jeje, non é broma! moi interesante

    ResponderEliminar