viernes, 27 de noviembre de 2009

"Un xoven morre por estudar demasiado"


Achéganse as datas dos exames e non podemos facer nada por evitalo, xa todos sabemos que temos que estudar, ser responsables e todo iso, pero tampouco hai que pasarse! Aquí déixovos unha noticia un pouco triste pero moi curiosa sobre o que che pode pasar cando estudas demasiado: pódeche provocar danos irreparables!

Incrible:

Estudaba unha media de 16 horas diarias o que lle causou unha hemorraxia cerebral. Chamábase Wang tiña 28 anos e morreu por presentarse a un exame de ingreso. A súa familia declarou que Wang, tras terminar a súa licenciatura en Leis na prestixiosa Universidade Chengchi, ingresou na Universidade Shih Shin de Taipei para proseguir os seus estudos de posgrao e o ano pasado presentouse ás oposicións a persoal xudicial. Wang non puido aprobar por só un punto sobre mil, e por iso intensificou os seus estudos para asegurarse un posto no sistema xudicial taiwanés.

A morte cerebral de Wang non é un caso illado, xa que en Taiwan os exames para ingresar á universidade ou aos estudos de posgrao causan todos os anos mortes por suicidio ou esgotamento. Os médicos atribuíron a súa morte a un esgotamento mental e físico, xa que o aspirante a xuíz pasouse máis de 16 horas seguidas estudando.

Esta noticia non debería pasar desapercibida e tomada a treo. Estamos antes o fío que vai desenrolar a gran madexa xudicial do noso país. Os famosos fallos incomprensibles dos xuíces teñen a súa raíz en noticias como esta.

Os xuíces que tamén son humanos cos seus temores non queren correr riscos inútiles. Si estudar para ser xuíz pode causar a morte, imaxínense o que pode ser estudar un caso... Esa é a razón pola que tantos casos son resoltos mediante o método monetario, é dicir, o clásico "cara ou cruz e se non estás conforme gástache os euros en recorrer".

Polo tanto a conclusión que sacamos de noticia e que se un xuíz estuda un xuízo rápido pode ter unha morte súbita e se se trátase dun proceso lento que durase anos corren o risco de ir perdendo a vida con lentitude, como, por exemplo o efecto do tabaco.

Así que mozos non vos pasedes estudando, pero tampouco non estudedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario