A ciencia traballa coa incerteza e a dúbida permanente, porque esa é a súa esencia; o seu obxectivo é saber máis.
A política necesita verdades absolutas e facilmente encapsulables en eslóganes para actuar, e pretende conxurar riscos.
Os científicos son puntillosos, adoran os matices, non teñen en conta as consecuencias dos seus descubrimentos e consideran obrigación profesional cambiar de opinión. Os políticos xeneralizan, adaptan as súas declaracións ao contexto, manexan diñeiro público e pastorean intereses.
O que estamos a ver en Copenhague é un espectáculo político no que os dirixentes dos países máis importantes do mundo tentan invocar un serio risco para o planeta enteiro que está baseado en observacións e predicións científicas. Unha receita para o caos.
A única forma de mitigar estes catastróficos problemas futuros é limitar as nosas emisións de CO2 á atmosfera, para o que hai que modificar a base enerxética da economía na que se basea a nosa civilización: o carbón e o petróleo.
O cal haberá que facer de todos os xeitos, dado que sabemos que ambos os recursos non son infinitos.
A cuestión é que semellante cambio da planta enerxética mundial ten custos, e tamén ten gañadores e perdedores.
Unha das súas ferramentas de acción política é precisamente acusar a quen defende a realidade do quecemento global antropogénico de formar parte dunha conspiración con fins políticos.
Ademais, prodúcense novos desequilibrios entre países que complican as xa complexas relacións entre as nacións máis e menos desenvolvidas. Os países máis ricos expulsan e expulsaron máis gases de efecto invernadoiro, polo que son máis responsables da situación, ademais de máis capaces de enfrontar as súas consecuencias.
As súas tecnoloxías son, ademais, vitais para o cambio de planta enerxética, e por tanto está nunha posición privilexiada.
Os países en vías de desenvolvemento e ven desproporcionadamente afectados as consecuencias da subida de temperaturas, e en moitos casos esixen poder aumentar os seus hoxe escasas emisións de CO2, debidas sobre todo á ausencia de industria e ao seu reducido nivel de vida.
Engádanse as posturas ecoloxistas, algunhas das cales propugnan un cambio radical de modelo económico e a forma de vida que elimine o carbón e o petróleo da ecuación.
Todo isto fai que a política do cambio climático sexa un complexo balbordo de enfrontamentos políticos múltiples na que se utilizan todo tipo de armas dialécticas, desde o negacionismo máis extremo aos sutís matices que camuflan intereses políticos ou económicos de empresas ou países concretos. No único que coinciden todos é en arroxar sombras de dúbida sobre os datos da ciencia.
Todo o mundo despreza os datos que non lle interesan, e acusa aos seus adversarios de incapacidade para demostrar a Verdade do Cambio Climático Antropogénico.
O único que hai son datos complexos, reconstrucións difíciles de comprender, modelos abstrusos e fortes discusións afastadas do politicamente correcto (un exemplo é o famoso e polémico Climategate).
Non hai certezas, porque a ciencia non traballa con elas. Os políticos van ter que tomar as súas decisións cos imperfectos e cambiantes datos de que dispomos hoxe, avaliando o seu grao d certidumbre (variable) e os peores riscos que indican (catastróficos).
Á fin e ao cabo para iso pagamos aos políticos: para que tomen decisións son datos certos ao 100%.
Porque cando temos verdades absolutas, é fácil tomar decisións. Copenhague é significativo máis porque demostra que o proceso de Kioto segue vivo que polos resultados (seguramente magros) que se poidan obter.
Moi atinada e pertinente entrada, Tammy. Ciencia e política, medio-curmáns, medio-chamáns. Políticos? Optimistas cosmolóxicos ou carotas descerebrados ególatras sen medida...Ai. Ao velos recordo o retrato que deles fixera Vicente Risco: "Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde... Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento".
ResponderEliminarOla Tamara!!
ResponderEliminarO título da entrada non pode ser máis atinado...jeje
Como mola o comentario que che deixou o profe!!
Pois eu opino que ten toda a razón...
Está xenial o teu blog...
Sigue así...
Un saúdo.