viernes, 11 de diciembre de 2009

A futura Lei da Ciencia xira cara á innovación

A futura Lei da Ciencia, obxectivo prioritario do Ministerio de Ciencia e Innovación e en elaboración desde fai máis dun ano, pasou a chamarse, no actual borrador, Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, segundo informou onte o secretario xeral de Innovación Juan Tomás Hernani. O documento estrutúrase coa financiación, a xestión da innovación, a internacionalización e o persoal dedicado a I+D+I como cinco polos, en torno ao núcleo da investigación e o coñecemento, engadiu. A creación dunha axencia estatal de evaluación e financiación da investigación, así como a reestruturación da carreira científica son os dous eixes en torno aos cales se empezou a traballar na nova lei, e mantense no borrador, segundo explicou o novo secretario de Estado de Investigación, Felipe Pétriz.
Pétriz, nomeado polo Consello de Ministros o pasado venres para ocupar o cargo que viña desempeñado polo cesado Carlos Martínez, declarou que a nova lei é unha prioridade que lle marcou a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia. A Lei podería estar lista "nas próximas semanas" dixo Pétriz, sen especificar máis.
Acerca da reducción presupostaria -15% en 2010 respeto a 2009- que afronta a ciencia, sobre todo nas dúas áreas das que é responsable agora (proxectos do Plan Nacional e os organismos públicos de investigación, OPI), Pétriz comentou: "O tema dos presupostos está no escenario e require un esforzo. Vamos a tratar de administrar os fondos da mellor maneira". Tamén quixo transmitir "un mensaxe de tranquilidade" á comunidade científica.
Na súa primeira intervención anta a prensa como secretario de Estado, e acompañado por Hernani, Pétriz manifestou a súa vontade de diálogo con todos os axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía. Nos próximos días, dixo, reunirase cos directores dos OPI. Un caso especialmente difícil é o do Ciemat, recoñeceu, cunha reducción presupostaria proposta polo Goberno para o año que ven nun 26%, co que pasa de 116 millóns en 2009 a 86 millóns en 2010. No Senado aprobouse onte unha enmenda que asigna 2,5 millóns de euros máis ao Climat.
Hernani destacou a estratexia cara á innovación emprendida polo ministerio de Garmendia neste ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario